Andamiaxe na Capilla da Peregrina
Published agosto 21st, 2007 in Cousas que non me gustan, Obras na cidade
Calqueira pontevedrés daríase de conta do andamiaxe que dunhas semanas a esta parte levan pola parte exterior a Capilla da Virxe Peregrina.
Din que se están a facer obras de reforma nela e lóxicamente esa andamiaxe é un prezo a pagar, mais ¿tíñanse que facer esas obras realmente nas festas? O digo polo mal que queda, e non só polas procesións (que eu non son excesivamente relixioso), senón porque o verán é unha etapa eminentemente turística en Pontevedra.
Se é pola excusa de que estas obras só se poden facer no verán, que o dubido, ¿por que non en Maio e non agora en Agosto que comeza xa un pouco o mal tempo? Non sei, hai cousas nesta cidade que, de veras semellan facerse adrede.
Xa aclarei na miña primeira entrada miña ideoloxía, que agardo non inflúa moito no blogue, pero é que cousas así se teñen que criticar porque saltan á vista cando se fan mal...
chúzame -
A verdade é que poderían ter agardado un pouco ao remate das festas, ou se cadra antes como ben dis. Non foi o momento máis oportuno, pero bueno, a ver se fan pronto as obras e podemos gozar outra vez deste emblemático monumento da cidade.
as obras está claro que hai que facelas, pero achegándose o verán e có incremento da afluencia de visitantes á nosa cidade, deberia ter recapacitado e adiantado as obras ( de ser iso posible claro).