Sobre a suciedade en Pontevedra
Published agosto 30th, 2007 in Cousas que non me gustanDun tempo a esta parte, eu ao menos veño notando bastante suciedade na cidade, comparado a como estaba no primeiro mandato de Lores, cunha cidade bastante limpa...
E o noto sobre todo nos contenedores do lixo e nas papeleiras, que están a rebosar. E a culpa non é da xente que bote cicais as cousas fora de hora; a culpa é de deixar contenedores de reciclábeis varios días ou semanas sen recoller, como puiden comprobar en varias rúas da cidade, polo que a xente as ten que deixar na beirarrúa, co espectáculo penoso que iso da.
¿Tanto custa, señor Lores? Teño que recoñecer que falei con el fai uns dous meses e comenteille isto mesmo, e máis ou menos súa contestación foi: "Iso é un tema secundario". O prometo, e se non me credes, preguntade ao alcalde. Mágoa me da ver a Pontevedra así, a ver se esta tarde poño algunha foto que saque no centro.
chúzame -
totalmente dacordo, a cidade está moi suxa dende hai anos, a iso tamén axuda o feito de que temos vinte mil obras á vez e o pó que levantan é tremendo, hai rúas coma a de Eduardo Pondal que teñen quilos e quilos de terra amoreada nas esquinas da estrda, por onde deberian ir os desagües, as papeleiras son poucas e a maioria das veces están cheas ao longo de dias e dias, os colectores tamén son pouco e tamén algúns en estado lamentable..non sei, a verdade é que ben poderia estar todo máis limpo, asi coma os xardins melloraron moito, hai que recoñecelo, a limpeza viaria empeorou moito…
unha mágoa
Se vas ir tirar fotos, vai por San Pedro de Alcántara, que está emporcallada a máis non poder…non recollen os de reciclaxe dende fai días…