Cousas que pasan…e non deberían pasar
Published setembro 15th, 2007 en Cousas que non me gustan
26.Marzal.2007.Mobiliario urbán de deseño para as zonas máis novas da cidade
Segundo verbas do Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, trátase dunha liña moi sinxela deseñada en metal para ceder o protagonismo ao que pasa na rúa. Esto explica a austeridade dos deseños feitos por un estudo de arquitectura portugués sito na cidade de Braga, “Carbalho Araujo”, e que gozan dun gran prestixio no país veciño. A fabricación está a cargo doutra empresa portuguesa, “Larus Desingurbano”.
15.Setembro.2007.Fernández Lores recoñece que o mobiliario de corte industrial «foi unha decisión desafortunada»
Pois a verdade, non me gosta para nada ese tipo de mobiliario urbán, paréceme moderno pero tamén perigoso e non penso que fora a lucir demasiado nas nosas rúas, os bancos coa auga poderian esbarar, os bordes das papeleiras teñenme pinta de ser cortantes, no sei, penso que non foi a solución ou idea máis axeitada e agardo que rectifiquen.
saúdos.