Cousas que non me gustanArquivo para a categoría ''



Bancos Pontevedra

26.Marzal.2007.Mobiliario urbán de deseño para as zonas máis novas da cidade

Segundo verbas do Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, trátase dunha liña moi sinxela deseñada en metal para ceder o protagonismo ao que pasa na rúa. Esto explica a austeridade dos deseños feitos por un estudo de arquitectura portugués sito na cidade de Braga, “Carbalho Araujo”, e que gozan dun gran prestixio no país veciño. A fabricación está a cargo doutra empresa portuguesa, “Larus Desingurbano”.

15.Setembro.2007.Fernández Lores recoñece que o mobiliario de corte industrial «foi unha decisión desafortunada»

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Dun tempo a esta parte, eu ao menos veño notando bastante suciedade na cidade, comparado a como estaba no primeiro mandato de Lores, cunha cidade bastante limpa...

E o noto sobre todo nos contenedores do lixo e nas papeleiras, que están a rebosar. E a culpa non é da xente que bote cicais as cousas fora de hora; a culpa é de deixar contenedores de reciclábeis varios días ou semanas sen recoller, como puiden comprobar en varias rúas da cidade, polo que a xente as ten que deixar na beirarrúa, co espectáculo penoso que iso da.

¿Tanto custa, señor Lores? Teño que recoñecer que falei con el fai uns dous meses e comenteille isto mesmo, e máis ou menos súa contestación foi: "Iso é un tema secundario". O prometo, e se non me credes, preguntade ao alcalde. Mágoa me da ver a Pontevedra así, a ver se esta tarde poño algunha foto que saque no centro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leo en Manifiestos Inoportunos que en Pontevedra aínda non podemos falar dun Lérez moi puro, pois houbo esta fin de semana un novo verquido no río, concretamente de gasoil e na altura da Ponte da Barca.

Sei que se están a facer traballos no Lérez, pero o que non podemos é presumir de Puro Lérez cando aínda non é así a ciencia certa...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Guillerme VázquezCalqueira pontevedrés daríase de conta do andamiaxe que dunhas semanas a esta parte levan pola parte exterior a Capilla da Virxe Peregrina.

Din que se están a facer obras de reforma nela e lóxicamente esa andamiaxe é un prezo a pagar, mais ¿tíñanse que facer esas obras realmente nas festas? O digo polo mal que queda, e non só polas procesións (que eu non son excesivamente relixioso), senón porque o verán é unha etapa eminentemente turística en Pontevedra.

Se é pola excusa de que estas obras só se poden facer no verán, que o dubido, ¿por que non en Maio e non agora en Agosto que comeza xa un pouco o mal tempo? Non sei, hai cousas nesta cidade que, de veras semellan facerse adrede.

Xa aclarei na miña primeira entrada miña ideoloxía, que agardo non inflúa moito no blogue, pero é que cousas así se teñen que criticar porque saltan á vista cando se fan mal...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google



Sobre

Estás a procurar nos arquivos do blogue Pontus Veteris na categoría '

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.