Archive for the 'Obras na cidade' Category



Guillerme VázquezCalqueira pontevedrés daríase de conta do andamiaxe que dunhas semanas a esta parte levan pola parte exterior a Capilla da Virxe Peregrina.

Din que se están a facer obras de reforma nela e lóxicamente esa andamiaxe é un prezo a pagar, mais ¿tíñanse que facer esas obras realmente nas festas? O digo polo mal que queda, e non só polas procesións (que eu non son excesivamente relixioso), senón porque o verán é unha etapa eminentemente turística en Pontevedra.

Se é pola excusa de que estas obras só se poden facer no verán, que o dubido, ¿por que non en Maio e non agora en Agosto que comeza xa un pouco o mal tempo? Non sei, hai cousas nesta cidade que, de veras semellan facerse adrede.

Xa aclarei na miña primeira entrada miña ideoloxía, que agardo non inflúa moito no blogue, pero é que cousas así se teñen que criticar porque saltan á vista cando se fan mal...

Chuzame! chúzame -



About

You are currently browsing the Pontus Veteris weblog archives for the 'Obras na cidade' category.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.